Dereito ao Hábitat

versión en español

Dereito ao Habitat

Título: Dereito ao hábitat
Subtítulo: Guía para o profesorado
Autoría: Idea e contidos: Hábitat Social | Deseño e maquetación: Hábitat Social e Martín García Fernández | Ilustracións: Jaime Eizaguirre Santillán | Coordinación e revisión: Grupo de traballo de Educación para o Desenvolvemento de ASF-Galicia | Asesora pedagóxica: Ana Sánchez Bello
Idioma: Galego
Ano: 2014
Público Obxectivo: Curso 4º da ESO (15-16 anos)
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga:

Descripción:

O plan estratéxico de Arquitectura Sen Fronteiras prevé o dereito ao hábitat, entendido nun sentido amplo, como a base da estratexia de Educación para o Desenvolvemento no período 2013-2015. Como consecuencia, xorde o deseño da presente unidade didáctica ‘Dereito ao hábitat’, encadrada no proxecto de difusión do Dereito ao Hábitat a través da sensibilización e a educación formal na comunidade educativa, que ASF e a Universidade da Coruña desenvolveron durante os anos 2013 e 2014.

O seu propósito é funcionar como complemento aos aspectos expostos na materia de Educación para a cidadanía, e outras afíns como poden ser Ciencias sociais ou Educación éticocívica, do curso 4º da ESO no referente aos Dereitos Humanos. Neste sentido, a transcendencia de dispoñer dun hábitat onde todas as persoas poidamos acadar un óptimo desenvolvemento tanto a nivel individual como colectivo, ou a necesidade de formar unha cidadanía crítica, consciente e activa, son motivos suficientes que xustifican a súa inclusión no programa destas materias.

Obxectivos:

Xeral:

  • Motivar a reflexión do alumnado entorno ao hábitat como un sistema complexo de situacións que debe construírse colectivamente e ao que todas as persoas teñen dereito.

Específicos:

  • Distinguir os conceptos de hábitat e hábitat humano.
  • Identificar e recoñecer situacións representativas en relación ao hábitat máis próximo de cada alumno/a.
  • Familiarizarse coas ferramentas dixitais para a creación dunha cartografía.
  • Analizar as situacións escollidas por cada alumno/a e interpretar os aspectos positivos e negativos de cada unha delas.
  • Relacionar os elementos comúns nas diferentes situacións do hábitat de cada alumno/a.
  • Identificar as características dun hábitat axeitado.
  • Asimilar o concepto da complexidade do hábitat e do dereito ao hábitat a través das situacións analizadas.
  • Recoñecer o concepto de construción colectiva.

Metodoloxía:

Para acadar os obxectivos marcados, proponse unha estratexia metodolóxica con dúas características principais:

  • A compoñente práctica prima sobre a teórica, procurando a participación activa do alumnado de xeito que se logre a súa atención e interese.
  • A realidade obxecto de reflexión é a próxima, a que o alumnado pode recoñecer e identificarse con ela, fomentando unha aprendizaxe significativa.

Con esta perspectiva, o núcleo da unidade didáctica vai quedar constituído por un traballo de campo a realizar polo alumnado, e mais por un tempo de exposición e debate posterior no que o material recollido servirá de apoio á reflexión. Esta secuencia implica un desenvolvemento temporal da unidade en dous módulos ou clases, que ademais deberán estar separadas no tempo para dar cabida ó traballo fóra da aula.

O primeiro dos módulos comprenderá basicamente a contextualizacion da unidade, na que o/a profesor/a presentará de xeito breve o tema a tratar, para o que disporá de material gráfico de apoio. Ademais, abranguerá a proposta do exercicio a realizar fóra da aula e mais a introdución da ferramenta dixital que se empregará para este.

O traballo de campo levarase a cabo de xeito individual para incidir na relación entre o hábitat e a experiencia persoal do alumno/a, na procura de percepcións e identificacións particulares. En esencia, o resultado será unha cartografía colaborativa da relación sensible entre o hábitat e o grupo de alumnos/as, que ademais podera superpoñer á de outras clases e institutos.

O segundo módulo tratará de por en común e xustificar o material realizado así como abrir un espazo de debate no que se poidan interrelacionar ideas e intercambiar opinións entorno ao concreto, coa cartografía elaborada como soporte para coñecer as diferentes visións do alumnado, segundo sexa o contexto que habita.

Neste sentido, a figura docente será a encargada de dinamizar a actividade e dirixir a atención cara os obxectivos perseguidos. Contará co material e as pautas necesarios para conseguilo.

Posto que a lóxica desta unidade didáctica é a de ter un breve achegamento aos conceptos relacionados co hábitat, non existirá unha avaliación específica dos coñecementos adquiridos polo alumnado senón que, en todo caso, observaranse as súas actitudes e motivacións de cara a extraer unha conclusión sobre o interese da mesma.

Arquitectura Sen Fronteiras

versión en galego

Derecho al Hábitat

Dereito ao Habitat

Título: Derecho al hábitat
Subtítulo: Guía para el profesorado
Autoría: Idea y contenidos: Hábitat Social | Diseño y maquetación: Hábitat Social y Martín García Fernández | Ilustraciones: Jaime Eizaguirre Santillán | Coordinación y revisión: Grupo de trabajo de Educación para el Desarrollo de ASF-Galicia | Asesora pedagógica: Ana Sánchez Bello
Idioma: Gallego
Año: 2014
Público Objetivo: Curso 4º de la ESO (15-16 años)
Licencia: Creative Commons Reconocimiento – No  Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga:

Descripción:

El plan estratégico de Arquitectura Sen Fronteiras prevé el derecho al hábitat, entendido en un sentido amplio, como base de la estrategia de Educación para el Desarrollo en el período 2013-2015. Como consecuencia, surge el diseño de la presente unidad didáctica ‘Derecho al hábitat’, encuadrada en el proyecto de difusión del Derecho al Hábitat a través de la sensibilización y la educación formal en la comunidad educativa, que ASF y la Universidad de A Coruña desarrollaron durante los años 2013 y 2014.

Su propósito es funcionar como complemento a los aspectos expuestos en la materia de Educación para la Ciudadanía, y otras afines como pueden ser Ciencias Sociales o Educación Éticocívica, del curso 4º de la ESO en lo referente a los Derechos Humanos. En este sentido, la trascendencia de disponer de un hábitat donde todas las personas podamos conseguir un óptimo desarrollo tanto a nivel individual como colectivo, o la necesidad de formar una ciudadanía crítica, consciente y activa, son motivos suficientes que justifican su inclusión en el programa de estas materias.

Obxectivos:

General:

  • Motivar la reflexión del alumnado entorno al hábitat como un sistema complejo de situaciones que debe construirse colectivamente y al que todas las personas tienen derecho.

Específicos:

  • Distinguir los conceptos de hábitat y hábitat humano.
  • Identificar y reconocer situaciones representativas en relación al hábitat más próximo de cada alumno/a.
  • Familiarizarse con las herramientas digitales para la creación de una cartografía.
  • Analizar las situaciones escogidas por cada alumno/a e interpretar los aspectos positivos y negativos de cada una de ellas.
  • Relacionar los elementos comunes en las diferentes situaciones del hábitat de cada alumno/a.
  • Identificar las características de un hábitat adecuado.
  • Asimilar el concepto de complejidad del hábitat y del derecho al hábitat a través de las situaciones analizadas.
  • Reconocer el concepto de construción colectiva.

Metodología:

Para conseguir los objetivos marcados, se propone una estrategia metodológica con dos características principales:

  • La componente práctica prima sobre la teórica, procurando la participación activa del alumnado de forma que se consiga su atención e interés.
  • La realidad objeto de reflexión es la próxima, la que el alumnado puede reconocer e identificarse con ella, fomentando un aprendizaje significativo.

Con esta perspectiva, el núcleo de la unidad didáctica queda constituido por un trabajo de campo a realizar por el alumnado, y por un tiempo de exposición y debate posterior en el que el material recogido servirá de apoyo a la reflexión. Esta secuencia implica un desarrollo temporal de la unidad en dos módulos o clases, que además deberán estar separados en el tiempo para dar cabida al trabajo fuera del aula.

El primero de los módulos comprenderá básicamente la contextualizacion de la unidad, en la que el/la profesor/a presentará de manera breve el tema a tratar, para el el cual dispondrá de material gráfico de apoyo. Además, abarcará la propuesta del ejercicio a realizar fuera del aula y la introducción de la herramienta digital que se empleará para éste.

El trabajo de campo se llevará a cabo de manera individual para incidir en la relación entre el hábitat y la experiencia personal del alumno/a, en la búsqueda de percepciones e identificaciones particulares. En esencia, el resultado será una cartografía colaborativa de la relación sensible entre el hábitat y el grupo de alumnos/as, que además se podrá superponer a la de otras clases e institutos.

El segundo módulo tratará de poner en común y justificar el material realizado así como abrir un espacio de debate en el que se puedan interrelacionar ideas e intercambiar opiniones entorno a lo concreto, con la cartografía elaborada como soporte para conocer las diferentes visiones del alumnado, según sea el contexto que habita.

En este sentido, la figura docente será la encargada de dinamizar la actividad y dirigir la atención hacia los objetivos perseguidos. Contará con el material y las pautas necesarios para conseguirlo.

Puesto que la lógica de esta unidad didáctica es la de tener un breve acercamiento a los conceptos relacionados con el hábitat, no existirá una evaluación específica de los conocimientos adquiridos por el alumnado sino que, en todo caso, se observarán sus actitudes y motivaciones de cara a extraer una conclusión sobre el interés de la misma.